4 de novembro de 2022

Xoves Poético na Augateca

Hoxe tivemos o placer de escoitar a Emma Álvarez Gayoso, alumna de 3º de ESO, que tivo a xenerosidade de compartir connosco catro poemas da súa propia creación. Foi todo un éxito de público e desde a Augateca animámosvos a que presentedes as vosas creacións. Grazas Emma!

28 de outubro de 2022

Samaín na Augateca

Esta semana celebramos o Samaín na Augateca. En colaboración có Equipo de Dinamización de Lingua Galega e có Departamento de Plástica, organizamos un concurso de Epitafios que saiu de morte! Podedes ver nas fotos os epitafios e as fotografías coas alumnas gañadoras.

20 de outubro de 2022

1º Musiké na Augateca

Este xoves 20 de outubro tivo lugar na Augateca o primeiro recital Musiké. As alumnas Lucía Marino (2º Bacharelato) e Jimena Zalazar (2º ESO) foron as protagonistas. Lucía recitou un poema da escritora María Xosé Queizán e Jimena, acompañada dunha composición orixinal para piano de Paula Carreras -profesora de Música-, deleitounos cunha peza de ballet. Foi todo un éxito!

12 de outubro de 2022

Cine de humor na Augateca: Un funeral de muerte

Este luns tivo lugar a primeira proxección do noso ciclo de cine de humor. Neste caso vimos "Un funeral de muerte" dirixida por Frank Oz. O noso alumnado acolleu esta iniciativa con entusiasmo e desfrutaron moito da peli.

11 de outubro de 2022

Ciclo de cine de humor na Augateca

Comezamos este trimestre có noso primeiro ciclo de cinema. Neste caso estará adicado ao xénero da comedia! As proxeccións faránse no salón de actos do instituto un luns de cada mes e estades tod@s convidadas a vir! Terán lugar ás 14:45 dos luns e podedes traer bocata para xantar mentras vemos a peli. Esta actividade organízaa o Departamento de Xeografía e Historia en colaboración coa Augateca!

10 de outubro de 2022

Musiké: A arte das musas

Desde a Augateca queremos convidarvos a participar na iniciativa Musiké que da comezo este curso. Todos os xoves no recreo terán lugar recitais poéticos coas vosas propias creacións ou poemas. Só tedes que mandar as vosas propostas ao enderezo electrónico da Augateca cunha semana de antelación, e teredes sempre dispoñible o micrófono aberto para que os demáis desfrutemos da vosa arte. Dentro do programa Musiké, e atendendo ao concepto orixinal do termo, os últimos xoves de cada mes teremos recitais nos que combinaremos poesía, música, danza e outras artes performativas. En colaboración cos departamentos de Música e de Plástica, crearemos composicións orixinais que acompañarán ás vosas voces. Animádevos!

8 de outubro de 2022

Comezamos o curso 2022-2023 - Novos proxectos

 Ola a tod@s!

Desde a Augateca queremos darvos a benvida a este novo curso 2022-2023. Comezamos a nosa andaina na biblioteca cheos de ilusión e con moitos proxectos en mente.

Xa levamos un mes de clases e a Augateca segue a ser un espazo acolledor para todo a comunidade educativa do IES Pedra da Auga.