19 de decembro de 2014

18 de decembro de 2014

Libros + cine

Despedimos o trimestre, como parte das actividades navideñas, coa proxección de dúas estupendas películas baseadas en senllas novelas moi recomendables:

  •  "Cometas no ceo"
  •  "Nin un menos"
Foron un éxito. Comentarémolas á volta de vacacións, coa axuda das fichas que cubristes.



12 de decembro de 2014

J.M. Gisbert na Augateca

No encontro que tivo lugar primeiro no salón de actos e despois na biblioteca, o escritor retou a nosa imaxinación con enigmas , soños e labirintos, creando unha atmosfera máxica, moi próxima á dos seus libros.
Como colofón estampou a súa firma e simpatía en todos os exemplares que da súa obra puxemos ao seu alcance.Prometeu volver!