27 de febreiro de 2015

Ana Alcolea na Augateca

A escritora Ana Alcolea deixou a súa  simpatía e dedicatorias nos exemplares que da súa obra temos na Augateca, así como nos de todos aqueles alumnos e alumnas que se achegaron a ela despois de participar na charla-coloquio que tivemos no salón de actos.
Na charla viaxamos da súa man ao paisaxe e rituales do Gabón que aparecen reflectidos na novela "El medallón perdido". Fíxose curto!

 
visita ana alcolea on PhotoPeach

23 de febreiro de 2015

Así celebramos a Rosalía

Fomos moitos os que acudimos á cita na Augateca para celebrar a Rosalía lembrando as súas palabras. Toda unha festa!


ROSALÍA NO SEU DÍA on PhotoPeach

22 de febreiro de 2015

Rosalía



O vindeiro martes 24 conmemoramos a unha das nosas escritoras máis emblemáticasRosalía de Castro, poñendo voz a súa obra. 

Anímate a participar na hora do recreo na Augateca!


10 de febreiro de 2015

Os voluntarios dinamizan a biblioteca

A nosa biblioteca adheriuse á iniciativa "Voluntariado na biblioteca escolar" e para celebralo o noso alumnado colaborador, 14 rapaces e rapazas de 1º e 4º da ESO e 2º de BAC, celebraron unha animada reunión na que coordinaron o seu traballo e estrearon acreditacións e libretas.
  reunión voluntarios augateca on PhotoPeach

9 de febreiro de 2015

Día da Paz na Augateca

Desde o Pedra da Auga, seguimos dando a coñecer a labor de grandes mulleres, desta volta, centrándonos na figura da activista Caddy Adzuba, que desenvolve a súa labor nun país en conflicto.
O alumnado de 4º de ESO preparou unha exposición sobre o tema e houbo unha proxección dun documental sobre Caddy Adzuba o Día da Paz. Preme na imaxe que segue para ver máis fotos:
http://photopeach.com/album/199ynhk


5 de febreiro de 2015

Novelas de éxito en galego

Chegan á Augateca tres novelas protagonizadas por adolescentes e narradas en galego. Bótalles unha ollada no enlace de Pinterest, premendo na imaxe:

https://es.pinterest.com/apedradaauga/novidades-xuvenil-galego-xaneiro-2015/