26 de novembro de 2015

MAIL ART

Alumnos e alumnas do noso centro coordinados pola profesora Gloria Iglesias, expoñen nestes días na Augateca as súas obras de arte postal que teñen como tema central o desenvolvemento sostible.
Preme na imaxe para acceder á galería.



ENCONTRO LITERARIO.

No IES Pedra da Auga tivemos a visita do escritor Francisco Castro. Os nosos alumnos e alumnas de 3ºESO gozaron dun animado encontro literario co autor vigués, actividade conducida polo profesor Matías Rodríguez e organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.
Preme na imaxe para acceder á galería.

10 de novembro de 2015

SAMAÍN

O noso centro apareceu decorado cos diferentes motivos caracterisricos da celebración  de Halloween  ou de o SAMAÍN. 



O alumnado de 4ªESO A preparou a narración representada do conto As mans do medo de Xosé Miranda e lla presentou con efectos especiais ós rapaces/as de 1ªESO.







24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

O dia 24 de outubro celébrase o dia das bibliotecas.
O IES Pedra da Auga organizou unha sesión informativa para o alumndao de 1º ESO  na que se lles explicou a organización e funcionamento de  AUGATECA, a nosa biblioteca. Ademáis se lles entregou a cadascún o seu carnet de lector. Ao rematar fixeron un xogo no que demostraron que xa son capaces de buscar e atopar un libro cando o precisen.

5 de novembro de 2015

O DÍA DO DOCENTE

O alumnado da ESO xogou a endiviñar qué  libro era o que os sus profesores/as elexiran como unha marca no seu camiño de lectores. O profesorado do centro participou escribindo na silueta da súa man o titulo do libro e as razóns polas que quería compartir có alumnado esa experiencia.
Os gañadores do concurso foron


        1º Premio con 15 acertos 
  • Belén Fernández Rodríguez de 1ªESO A
        2º Premio con 14 acertos

  • Omar Goris Pérez de 1º ESO A
  • Uxia Loureiro Caamaño de 4ª ESO B
  • Lara Rodríguez Rodríguez de 4º PDC
  • Ángela Gómez Peleteiro de  4º PDC
Engadir título