28 de xaneiro de 2016

NOVOS FONDOS PARA A AUGATECA

A nosa biblioteca  conta con  novos libros que xa están a disposición de todos os usuarios.
Aquí tedes os títulos:




"FEIRA DA LUZ-IYL2015": PREMIO NO II CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

O IES Pedra da Auga foi galardoado no “II Concurso de Traballos por Proxectos” convocado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, polo traballo integrado e coordinado desde a biblioteca escolar: “FEIRA DA LUZ-IYL2015”.
Feira da Luz” foi un proxecto desenvolvido ao longo do curso 2014-2015, coordinado pola profesora Mª Dolores Pardo e resultado dun traballo de equipo e colaborativo no que se implicaron  moitos departamentos do noso centro.
A idea xurdiu con motivo do nomeamento por parte da ONU do ano 2015 como “Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz”.  Así, desde o equipo da biblioteca escolar decidiuse celebrar unha feira que tivera como fío condutor  investigar e difundir a importancia da luz e as tecnoloxías baseadas na luz para a vida e para o desenvolvemento pasado, presente e futuro da sociedade mundial aos mais variados niveis.