22 de marzo de 2016

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Os alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato que participan no Proxecto de Voluntariado das Bibliotecas Escolares visitaron o pasado 18 de marzo as instalacións da Biblioteca Municipal de Ponteareas e coñeceron de primeira mán como é a súa organización e os distintos sistemas de catalogación que alí  se utilizan. A visita forma parte da súa formación como voluntarios da nosa Augateca e tamén incluíu unha eplicación do museo de Ponteareas.
Na actividade participaban tamén alumnos e alumnas  do Club de Lectura do IES Ponteareas e o IES Val do Tea, cos que fixemos planes para organizar nun futuro outras iniciativas conxuntas de animación á lectura.

Preme na imaxe para visitar a galería.


16 de marzo de 2016

CONMEMORACIÓN DO DIA INTERNACIONAL DA MULLER

        Alumnos e alumnas de 1º Bacharelato coordinados polos profesores Matías da Torre e Isabel Ávila, participaron nun acto no Concello de Ponteareas no que fixeron distintas reflexións sobre a situación da muller na sociedade actual a través de: lecturas de textos de creación propia, dun recital de poemas, interpretación de raps,e da lectura dun manifesto pola igualdade: “Imperfectas”. Tamén leron poemas de algúns dos libros recentemente adquiridos na biblioteca como son "Polifonías: Voces poéticas contra a violencia de xénero" o "Libro do mal  amor"
        Os participantes demostraron as súas dotes artísticas e literarias así como a súa implicación na reivindicación da igualdade de xénero nunha actuación que recibiu  os aplausos e felicitacións de numerosas persoas congregadas na rúa diante da praza do Concello.
Preme aquí para acceder ao vídeo e información.
Preme na imaxe para acceder á galería.