29 de novembro de 2016

NOVOS FONDOS

Estas son as novidades adquiridas este primeiro trimestre pola biblioteca.

Bótalles unha 👀 na Augateca, danos túa opinión e ... lévate un, ou dous, ...😉



22 de novembro de 2016

NOVA CANTEIRA DE USUARIOS

Xa remataron as xornadas de formación de usuarios
nas que participaron estas últimas semanas  o alumnado de 1º ESO A e B.


A experiencia non puido ser mellor.

 As actividades resultaron divertidas e cunha entusiasta participación.

Todos presumen xa de coñecer a "anatomía " dun libro, de poder situalo no estante máis recóndito e de descifrar a misteriosa mensaxe dos tejuelos.


MÁS FOTOS ...

16 de novembro de 2016

FOTOS DA XORNADA MICOLÓXICA

más fotos
A saída en busca de cogomelos foi moi fructífera, malia a choiva.Na clasificación posterior confirmamos máis de trinta taxóns.
O alumnado de 4º ESO fixo un estupendo traballo.
Vede a selección de fotos da xornada no campo e do montaxe da exposición.
É xa nosa VIII EDICIÓN!Merece a pena!

VIII XORNADA MICOLÓXICA on PhotoPeach

8 de novembro de 2016

POR FIN NOSA XORNADA MICOLÓXICA!!!

Como vén sendo tradicional a Augateca ten todo disposto para montar a exposición de cogomelos que tanta expectación xera ...



4 de novembro de 2016

E SEGUIMOS FALANDO DE MERECIDOS PREMIOS



Fai uns días, o escritor estadounidense  RICHARD FORD  recolleu no noso país o PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS 2016. 

Aproveitamos para recomendar aos nosos lectores, que xa buscan fora dos anaqueis xuvenís, un título esencial da súa obra, CANADÁque exhibimos estes días no escaparate da Augateca, cun adolescente chamado Dell Parsons ao que a vida lle forza a aprender sen que ninguén lle ensine.

Canadá é unha lectura fascinante, absorbente como poucas. que parece contada á inversa e que xoga co lector, estimulando a súa voraz curiosidade, sen trampas nin artificios. Unha vez sábese o que pasou, énos imposible non pescudar o motivo.

Así arrínca...

"Primero contaré lo del atraco que cometieron nuestros padres. Y luego lo de los asesinatos, que vinieron después. El atraco es la parte más importante, ya que nos puso a mi hermana y a mí en las sendas que acabarían tomando nuestras vidas. Nada tendría sentido si no se contase esto antes que nada.


Nuestros padres eran las personas de las que menos se podría pensar que atracarían un banco. No eran gente rara, ni evidentemente criminales. A nadie se le hubiera ocurrido pensar que estaban destinados a acabar como acabaron. Eran personas normales – aunque, claro está, tal afirmación queda invalidada desde el momento mismo en que atracaron el banco"...


continúa lendo o capítulo 1

ENGANCHADOS?...COLLEDE O LIBRO!