21 de decembro de 2016

E O PREMIO A POSTAL NAVIDEÑA É PARA...


Non podíamos marchar de merecidas vacacións sen desvelar o nome do gañador do premio a mellor postal de Nadal deste ano. 

O xurado  o tivo moi difícil e o premio era moi desexado 
(unha agarimosa manta de sofá e un bo libro, "A historia interminable" de M. Ende).

clica para ver máis fotos

Parabéns a triunfadora:  



e FELIZ NADAL E 2017 PARA TODOS!!!

20 de decembro de 2016

DÍAS DE NADAL NA AUGATECA

fai click e bota unha ollada as fotos

O equipo e os voluntarios da Augateca remataron de decorar a biblioteca, creando un ambiente moi acolledor, ca axuda do  fío musical de panxoliñas xentileza do Departamento de Música,

 e teñen unha chea de propostas que facervos.


Baixo o lema "Este Nadal regálache unha viaxe,un amor, unha aventura, ..." no escaparate da BE tedes presentados nunhas fermosas caixas de agasallo unha selección de libros de medo, amor, fantasía, viaxes/aventuras, clásicos, ... que esperan acompañarvos este Nadal (algúns nada máis exhibirse están en lista de espera!).

Para os máis indecisos e para suxerir nas casas a amigos e parentes a nosa proposta de lecturas para estas Festas 


E co Departamento de Galego envíamosche  unha aperta do apalpador 
''Vaite logo, meu meniño, marcha agora pra camiña, que vai vir O Apalpador,
vai vir o apalpador...

a apalparche a barriguiña. 
Manhan é día de cachela, que haberá gran nevarada,
que a de vir OApalpador, cunha maga de castañas."

Velaí van algúns enlaces por se os apetece pasar un bo rato, Os contos do apalpador
aprende a facelas...



E non podía faltar nests datas un recurso culinario que xamáis falla










5 de decembro de 2016

PREMIO CERVANTES 2016


O Nobel das letras en castelán recaeu este ano no, xa moi galardoado, autor español EDUARDO MENDOZA.

As razóns: "porque, coa publicación en 1975 de "A verdade sobre o caso Savolta", inaugura unha nova etapa da narrativa española na que se devolveu ao lector o goce polo relato e o interese pola historia que se conta,..."; "no ronsel da mellor tradición cervantina, posúe unha lingua literaria chea de sutilezas e ironía,..., ademais da súa extraordinaria proxección internacional".

Esto é o que dí o xurado.

Él  pensa que "é un recoñecemento ao humor na literatura".


E ti que opinas? Todavía non leíches a desternillante "Sen noticias de Gurb"?.


Non coñeces ao estrafalario detective,  asiduo cliente do manicomio, que protagoniza a serie   de novelas policiacas: "O misterio da cripta embruxada", "O labirinto das aceitunas", A aventura do tocador de señoras"... ?


... pretendes coñecer Barcelona.... "A cidade dos prodixios" sen ter percorrido con él as rúas escenario de case todas súas novelas?


Por baixo do puro relato humorístico que é o que prevalece na novela, aparece unha sátira dos mecanismos de poder, da sociedade, ...


Decídete a pasar un bo rato!!!... 

pregunta na Augateca.





3 de decembro de 2016

CONCURSO DE FELICITACIÓNS NAVIDEÑAS

Estamos preparando a Augateca para gozar das Festas navideñas: un ambiente acolledor, lecturas compartidas, seleccións literarias, de cine... 

e, por suposto, a exposición do concurso de postais que cada curso organizamos co departamento de francés.

 

Aínda podes participar...