21 de decembro de 2017

ÍMONOS DE NADAL CON PREMIOS...

Cada ano é máis difícil elexir entre postaís elaboradas con tal enxeño!.😅

Pero non podíamos marchar sen entregar os premios e estás foron as máis votadas... 👇



Nosos parabéns aos gañadores, 👏👏👏 

que tiveron a fortuna de acadar un libro  e unha agarimosa manta  para acompañar a súa lectura nestas vacacións.



BO NADAL

E FELIZ 2018  !!!

















14 de decembro de 2017

PREPARATIVOS E CONCURSO DE NADAL

Xa temos a Augateca decorada para o Nadal, un ambiente acolledor para disfrutar das lecturas compartidas, as novidades literarias, de cine, guías de viaxe... 

O equipo de alumnado voluntario encargouse de preparalo todo. Aquí tedes un vídeo co seu traballo👀👇

E non podía faltar nosa GUÍA de NADAL  CAS ÚLTIMAS NOVIDADES

Non te olvides de escoller as lecturas destes días de lecer. 
Para suxerir nas casas a amigos e parentes, para regalar…



e ti?, tes xa preparada a postal navideña para o concurso que cada ano organizamos cos departamentos de inglés e francés?

Alixeira!,

aínda podes participar...

 

12 de decembro de 2017

CLASES NA AUGATECA


O alumnado de 3º PMAR e de1º ESO A e 1ºESO B, guiados pola profesora de Lingua castelá Pilar Santos, empregaron os recursos ALFIN do noso blog para exercitarse nas consultas e buscas de información en dicionarios e enciclopedias, tanto en papel como en liña, que tedes a vosa disposición na Augateca

O pasaron tan ben que pensan repetir 😉




29 de novembro de 2017

ENCONTRO LITERARIO


O escritor ANTÓN RIVEIRO COELLO participou hoxe nunha animada charla-coloquio, co alumnado de 1º de Bacharelato, sobre a súa obra “A ferida do vento”


















e logo visitou a nosa biblioteca, onde estampou a súa dedicatoria nos exemplares que temos na colección e nos de todos aqueles que se achegaron a departir con el.



 


A novela, ambientada en Xinzo de Limia, é unha homenaxe a Carlos Casares e acadou moi boa acollida no noso alumnado.

Anímate a lela!!!. 👀👇

28 de novembro de 2017

NOVOS USUARIOS

O alumnado de 1º ESO rematou as xornadas de formación de usuarios deste primeiro trimestre: dominan os espazos, coñecen a nosa CDU, son quen de atopar calquera libro dos nosos fondos, tanto na Augateca como no catálogo en liña do noso blog.

O próximo trimestre aprenderan a facer un proxecto de investigación empregando as ferramentas TIC e as orientacións que temos no blog na sección ALFIN.

AQUÍ TEDES UN RESUMO DO QUE FIXERON 👀👇


22 de novembro de 2017

NOVOS LIBROS NA AUGATECA


Tedes á vosa disposición as novidades coas que arrincamos a actualización dos nosos fondos este curso.

Animarvos a facer suxestións!💭💬



20 de novembro de 2017

PREMIO NACIONAL DAS LETRAS ESPAÑOLAS

O galardón recaeu este ano en ROSA MONTERO.

Autora de quince novelas, sen contar os relatos e as incursións na literatura infantil, e un sen número de reportaxes, crónicas e entrevistas, a maior parte publicados no xornal O País.

Que sabemos dela?
O premio que concede o Ministerio de Cultura, destacou "a súa longa traxectoria novelística, xornalística e ensaística, na que demostrou brillantes actitudes literarias”.

Ela matiza“Son narradora, ensayista e xornalista, por esta orde”.

O xurado recoñeceu a creación dun universo persoal, cuxa temática reflexa os seus compromisos vitais e existenciais, que foi cualificado como a ética da esperanza».

Ela considérase unha “escritora especialmente existencialista”.

Recoñece que toda a súa obra “está centrada no paso do tempo e da morte”.

Con todo,  é optimistaOs meus libros son de superviventes. Son a proba de que hai luz ao final do túnel desa ferida lacerante. Escribo para converter as feridas da vida en luz".


Se tes a febre da escritura 😉aquí tes 👉 10 consellos para narrar que che brinda Rosa Montero, autora tamén do caderno “Escribe con Rosa Montero” (Alfaguara), ilustrado por Paula Bonet.  

Nos nosos fondos contamos con unha das primeiras novelas da autora,”TE TRATARÉ COMO UNA REINA” 
amores pasionales e destrutivos, personaxes escuros, destinos tráxicos

cun estilo: claro, directo, con algúns elementos de humor e unha concisión xeral case xornalística.
Brindámosche a oportunidade de lela!.

Pode ser interesante comprobar como evolucionou a súa escritura ata as súas últimas novelas:
La ridícula idea de no volver a verte” y “La carne”.


















4 de novembro de 2017

REPORTAXE DO NOSO SAMAÍN

Pois medo, o que se dice medo, o pasamos ... 

cas lecturas escollidas polo alumnado de 4º e 3º da ESO:
  • O gato negro de E.A. Poe
  • Arximiro de Rafael Dieste
  • A caixa do morto de Ánxel Fole

pero tamén movemos os pes ...

co vídeo "Thriller" de M. Jackson

👀👇😱






27 de outubro de 2017

SAMAÍN

A Augateca súmase as actividades para celebrar o Samaín ,organizadas polo noso Centro, ca lectura de relatos de terror nunha biblioteca de medo...

24 de outubro de 2017

UN NOBEL MOI MERECIDO

Fai  uns días o escritor británico KAZUO ISHIGURO  foi galardoado co PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2017.






Quizais o coñezas a través da exitosa adaptación ao cine




 de dous das súas novelas, «Os restos do día»👀👉
(a adaptación cinematográfica dirixiuna James Ivory en 1993)





ou a magnífica «Nunca me abandones» (levada ao cine en 2010 por Mark Romanek).
👈👀


Ishiguro forma parte da mítica xeración británica dos 80, a da resurrección da gran narrativa inglesa, que lanzou a escritores como Rushdie, Amis , Barnes ou McEwan.





Autor de sete novelas, cada unha constitúe a consagración dun xénero literario distinto, un reto estilísitco e ao linguaxe, nunha renovación e replanteamiento contínuo de temas, pero nas que sempre a memoria relaciónase co esquecemento, a historia co presente e a ficción coa realidade.

preme nos links 👉 para saber máis
                                     👉Ish para os amigos

INVITÁMOSCHE A  LER “ Nunca me abandones”, unha novela situada nun internado de adolescentes en Hailsham, do que nunca saíron,  e aos que, nunha formidable distopía, ocúltaselles a razón da súa existencia. O lector é o detective obrigado a resolver o misterio entre o thriller, o conto gótico e a denuncia crítica dunha sociedade  instalada no benestar a costa do engano.



Podes resistirte a levala?😉

17 de outubro de 2017

SOMÉRXETE NA AUGATECA I

Baixo o lema “SOMÉRXETE NA AUGATECA” a próxima 

semana imos desenvolver diversas actividades que 

contribúan a conmemorar🎉🎊

O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA (24 DE OUTUBRO).

Empezamos con ...



3 de outubro de 2017

INICIANDO ...

OLA! XA ESTAMOS DE VOLTA! 😎

Chegamos con novas ilusións e proxectos. 💭



Queremos que a Augateca sexa un laboratorio onde desenvolvades o voso pensamento crítico. 

Aprendendo a pensar con boas e divertidas lecturas, construíndo os vosos propios relatos, investigando en proxectos colaborativos, festexando nosas actividades favoritas, ...

Nuns días “arrancan” o club de lectura, a formación para os novos usuarios, desafíos aos que facer fronte ca axuda dos voluntarios, ...


O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca cunha XORNADA DE PORTAS ABERTAS. Ven e aporta as túas suxestións!. 😉

20 de xuño de 2017

PENSANDO NAS VACACIÓNS 4




TÍTULO: Noite de voraces sombras


AUTOR: Agustín Fernández Paz


OPINA: Flavia Pellón Torres 
 
  

SIPNOSIS: Sara, é unha rapaza de dezaseis anos vai pasar as vacacións na casa da súa avoa coa súa familia. Un día recollendo a súa habitación, encontrou cartas do seu tío avó. Amedida de que vai pasando o tempo, descobre, unha triste historia de amor.


OPINIÓN: Este libro gustoume moito, porque a medida que transcorre esta historia, van ocorrendo sucesos inesperados.



OTRAS RECOMENDACIONES: Se este tipo de libros che gustan, recoméndoche ler máis libros de este mesmo autor.

12 de xuño de 2017

PENSANDO EN LAS VACACIONES 3

TÍTULO: Bajo la misma estrella.



AUTOR: Jonh Green.

AÑO DE PUBLICACIÓN: Noviembre de 2013.


Opina: Belén Fernández Rodríguez

SINOPSIS: El libro trata sobre la historia de amor entre Hazel y Gus. Cuenta todas las situaciones que viven diariamente y lo que tienen que pasar, esta es una historia de amor y superación.


OPINIÓN: Me gustó porque los personajes son muy auténticos y te pones en su lugar al leerlo.

Este libro te hace valorar todo lo que tienes en tu vida.



OTRAS RECOMENDACIONES: Si te gusta este tipo de libros te recomiendo otros títulos del autor.

PENSANDO EN LAS VACACIONES 2

TITULO:El rostro de la sombra.

AUTOR: Alfredo Gómez Cerdá.


OPINA: Omar Goris Pérez.

SIPNOSIS:
Tres chavales se divierten tirando piedras a la carretera para ver como actúan los coches. Cuando una noche tirando piedras vuelca un coche con dos personas muy importantes en la vida de uno de los protagonistas, los padres de la novia de este. El libro cuenta como el protagonista trata de ocultar a la novia todo lo que hizo, culpando a otras personas.

OPINIÓN:Me gusta como transcurre poco a poco la historia sin adivinar lo que pasa al final.

RECOMENDACIONES:
Si te ha gustado este libro te recomiendo el libro “El misterio de de la calle de las Glicinas” de Nuria Pradas

1 de xuño de 2017

Terminamos O MES DA CIENCIA da AUGATECA.
Temos que agradecer a colaboración 👍 dos departamentos de Bioloxía, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía a súa colaboración para sacar adiante esta experiencia coa que a Biblioteca pretende impulsar e difundir os proxectos científicos do noso alumnado.
👏👏👏Felicitamos ao alumnado, tanto da ESO como de Bacharelato, que superando nervios de última hora defenderon os seus traballos diante da comunidade educativa cada recreo.

Por último agradecer ao profesor de Física aplicada da ETSE de Minas da Universidade de Vigo, Benito Vázquez Dorrío, a súa interesante CHARLA/OBRADOIRO de “EXPERIMENTOS CON LUZ”, onde os alumnos e alumnas que foron pasando, ao longo das dúas horas longas que durou, desfrutaron do lindo participando nunha gran variedade de actividades experimentais.
Porque o interesante é aprender facendo!!!.🏃
Animámosche a visitara páxina web clickonphysics feita polo propio alumnado de 1º curso de Graos en Enxeñería da Universidade de Vigo, onde estudantes coma vos os presentan estas e outras moitas experiencias científicas.

E xa non falamos máis, aquí tedes o esperado vídeo-resumo do mes da ciencia da Augateca😉👇👀👂

24 de maio de 2017

CHARLA :SAÍDA AO RÍO TEA

O alumnado de 1º ESO amosará este mércores no recreodentro do rograma do mes da ciencia da Augatecaa 👀👂 👉presentación de diapositivas onde explican a súa saída ao río Tea  ao seu paso por Ponteareas, para o estudo do ecosistema de río.

Nela fixeron especial fincapé no estudo dos parámetros que serven para determinar o grado de calidade da auga.

A continuación haberá un coloquio onde atenderán as preguntas que fagades sobre o visto.

PÁSATE POLA AUGATECA!!!  😉

23 de maio de 2017

PENSANDO EN LAS VACACIONES

Título: El ladrón del rayo

Autor: Rick Riordan

OPINA: Pedro Estévez Losada de 2ºESO-B


SINOPSIS:
Percy Jackson piensa que es un niño normal, hasta que descubre que es un semidiós, mitad humano y mitad dios. Junto con Grover y su amiga Annabeth, deberán correr peligrosas aventuras para recuperar el arma más poderosa de todos los tiempos, que misteriosamente ha desaparecido.
Opinión: Me parece un libro muy interesante por lo original de las situaciones y el sorprendente final. Además, una vez que lo empieces ya no podrás parar hasta acabar.


OTRAS RECOMENDACIONES:

Este libro es el primer tomo de los cinco que tiene esta serie. Yo te recomendaría acabarte la colección, si este te gusta; la colección es “Los dioses del Olimpo”. Si aún te quedas con ganas de más, te voy a recomendar la serie que le sigue: “Los héroes del Olimpo”.

22 de maio de 2017

ACTIVIDADE SOBRE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Na memoria de Agustín Fernández Paz.

O 12 de xullo de 2016 Agustín Fernández Paz deixounos para sempre, aínda non hai un ano e nós sentímolo moi preto. Desde a Augateca queremos renderlle a nosa particular homenaxe e para iso pensamos en ler a súa obra e compartir eses momentos.

E como no mundo hai moitas casualidades ímosvos contra un segredo que seguro lle gustaría.

Agustín Fernández Paz estivo destinado no IES Pedra da Auga desde o día 15-09-1.996 ata 31-08-1.999, pero pola súa intensa actividade profesional non chegou a exercer como docente no centro. Pasou pois fugazmente por aquí, pero con todo deixou a súa pegada a súa obra, por suposto, e ademais unha estraña presenza de si mesmo. Nos seus textos usa como recurso presenzas estrañas que crean certa tensión no lector e que o acompañan durante a lectura. Pois... do mesmo xeito que el facía, mentres desenvolvemos a actividade na Augateca sentímonos moi a gusto acompañados pola súa presenza amiga, el estivo, dalgún xeito, con nós.

Así o alumando de 2º da ESO coñeceu a súa obra e compartiu as lecturas do texto. Lembramos a Sara, o tío Moncho, a Illa de San Simón e todo o universo literario de Agustín. Tamén lemos tres cartas que non chegaron a destino, refrescamos un palíndromo de Gonzalo Navaza e visualizamos un traballo sobre o libro que foi levado ao Salón do libro de Pontevedra, co amor como pano de fondo.

Con este guieiro navegamos na Augateca pola augas de Noite de voraces sombras, acompañados por Agustín Fernández Paz.

19 de maio de 2017

CHARLA: O TDH

Estela Domínguez Reboreda, alumna de 1º de Bacharelato C

presenta este venres no recreo O VÍDEO que fixo para a materia de Anatomía Aplicada en colaboración co mes da ciencia da Augateca,

no que  vai explicando en que consiste o TDH ( Trastorno de Déficit de atención con Hiperactividade) e os diferentes tipos de síntomas.

A continuación haberá un coloquio, onde atenderá as preguntas que se os plantexen. ☝💬🙋

PÁSATE POLA AUGATECA!!!  😉