21 de febreiro de 2017

SEMPERE E IRLANDA II

A actividade que tiñamos preparada para nosos convidados irlandeses do proxecto Erasmus+ Ponteareas-Galway foi todo un éxito.

 Alumnado e profesores participaron nas diversas fases da mesma, tanto na Augateca como na aula de plástica, por onde rotaron por quendas, con verdadeiro entusiasmo.

O noso alumnado de 4º ESO púxolles ao tanto da figura de Sempere e a súa experiencia co "light painting", e propúxolles reeditala con debuxos e fotografías dos motivos que máis se repiten nos petróglifos, tanto galegos como irlandeses, para logo montar unha animación con música celta.

Aquí tedes o vídeo do making-of 🔻👀👂


E aquí 👇 o produto final. CHULÍSMO,NON? 😍


20 de febreiro de 2017

CONCURSO DE MICRORRELATOS


CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO O 23 DE ABRIL O GRUPO DE BIBLIOTECA ORGANIZOU UN CONCURSO DE MICRORRELATOS PARA QUE PARTICIPE TODO O ALUMNADO DO CENTRO.



ANÍMATE A PARTICIPAR. TEDES ATA O 31 DE MARZO PARA FACER O VOSO MICRORRELATO.


12 de febreiro de 2017

HOMENAXE A SEMPERE

A Augateca sumouse á campaña para este curso "BIBLIOTECAESCOLAR - TERRITORIO DÁS ARTES", promovida pola Consellería, cunha iniciativa: "HOMENAXE A SEMPERE", na que colaboramos co Departamento de Plástica.

Nela o noso alumnado de3º e 4º da ESO aproximouse á súa produción artística, a través do material que atoparon na biblioteca (vídeos, libros, internet,...) e eles deron renda solta á súa creatividade ...

Neste vídeo🔻👀👂


o alumnado de 4º ESO explícanche a actividade










E neste outro mostran o resultado
Increíble!!! 🔻👀👂


stop motion: relevos luminosos móviles





O certo e que quedou tan ben que ímolo repetir co alumnado irlandés do proxecto Erasmus+ Ponteareas-Galway que nos visitan a próxima semana.
Esta vez os motivos representados serán os petroglifos galegos e irlandeses.





Xa vos contaremos...😉

   
Ah! tamén tedes que ver os debuxos ópticos que fixeron os alumnos de 3º ESO E QUE DECORAN A ENTRADA DA AUGATECA 👈👀


9 de febreiro de 2017

Actividade coa revisra O Papagaio


A revista xuvenil O Papagaio xa está na biblioteca para que poidades gozar coa súa lectura e descubrir novas interesantes nas diferentes seccións da mesma.
A Augateca do IES Pedra da Auga está atenta as novidades editoriais e actualiza os seus fondos novamente.
O alumnado de 1º da ESO non deixou pasar esta oportunidade. Acompañados do seu profesor de lingua galega analizou en detalle o contido da revista e intercambiou as diferentes lecturas da mesma en dúas sesións mergullados nas letras da Augateca.
Foron unhas sesións entretidas nas que aprendemos cousas novas e compartimos as nosas lecturas.

2 de febreiro de 2017

O DÍA DOUS DE FEBREIRO CASAN OS PAXARIÑOS


O PROFESOR PACO, DE LINGUA GALEGA, 
PREPAROU UNHA PEQUENA REUNIÓN NA 
BIBLIOTECA AUGATECA .

ALÍ EXPLICOULLES A UN GRUPO DE 
1º E 2ºESO A TRADICIÓN FOLCLÓRICA E 
LITERARIA QUE TEN ESTE 
ACONTECEMENTO NA NOSA LITERATURA 
GALEGA.
LEÉRONSE POEMAS E REFRÁNS E 

PUIDEMOS APRECIAR AS DOTES 

POÉTICAS 

DO NOSO PROFE DE LINGUA.














1 de febreiro de 2017

SENBAZURU - DENIP

Segundo unha antiga lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, construíndo
MIL GRULLAS DE PAPEL = SENBAZURU.


O acontecido a Sadako Sasaki (1943-1955), unha nena xaponesa que desexou curarse da leucemia que padecía, provocada pola radiación da bomba atómica lanzada sobre Hiroshima o 6 de agosto de 1945
(II Guerra Mundial),facendo 1000 grullas de origami, convertirías nun SÍMBOLO DE PAZ.

O departamento de Matemáticas e a Augateca indagamos no mito, na historia...

e así xurdeu O RETO no que se embarcou boa parte do noso alumnado: facer esas 1000 grullas para o 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENIP).

O RESULTADO loce na Augateca, os corredores, as aulas e aquí no noso blog. (preme nos links)



 Unha relación matemática, un xogo de xeometría...
a lectura dun marabilloso conto inspiradona historia de Sadako...







"Apúntes para un tratado de cocotología" que nos deixou Unamuno, un gran aficcionado á papiroflexia...


e... máis de 1000 grullas!, voando ao noso arredor...