30 de marzo de 2017

VISITA AO SALÓN DO LIBRO EN PONTEVEDRA

O mércores día 29 de marzo, as alumnas e alumnos de 1º e 2 da ESO do IES Pedra da Auga fixemos unha visita á cidade de Pontevedra, con dous obxectivos: visitar o Museo de Pontevedra e acudir ao Salón do libro.



Así ás 10:00 entramos no museo de Pontevedra. 
Despois de acollernos con moito agarimo, dividíronnos en dous grupos e comezamos a aventura. Primeiro observamos detidamente a pintura de Ovidio Murguía (fillo de Rosalía da Castro), a continuación detivémonos na obra de Sotomayor para logo recrearnos con violinista Manuel Quiroga e a súa faceta de caricaturista e pintor e rematamos coa figura de Castelao, aquí levamos unha sorpresa agradable sorpresa ao contemplar tres cadro de gran formato que o rianxeiro fixera por encarga do mecenas Enrique Peinador para o veciño Balneario de Mondariz, tres pezas enormes para gozar coa vista e perderse na paisaxe galega.

Rematada a visita perdémonos polas rúas de Pontevedra e descansamos na praza da Ferrería.

Ás 12:00 chegamos a XVIII edición do Salón do libro, onde nos estaban agardando dous monitores, Adrián e Ricardo sen esquecernos da mascota do salón. O lobo Orbil, que nos encheu de agarimosas apertas. Aquí tamén organizados en dous grupos fixemos unha visita moi entretida con actividades diversas ao redor do mundo do libro e do tema deste ano “O mundo que queremos”.

























Así foi o noso día pasámolo xenial e esperamos que se repita. Agradecer a Augateca a súa iniciativa e aos profesores que nos acompañaron a súa compaña.
Podedes ver o vídeo onde resume perfectamente a visita a Pontevedra.




21 de marzo de 2017

MES DA BANDA DESEÑADA

Estes dous últimos meses , o alumnado da ESO traballou intensamente nun OBRADOIRO de BANDA DESEÑADA, dirixido polo departamento de Plástica e impulsado pola Augateca ,"Territorio das Artes", que puxo a disposición de todos eles as súas coleccións de cómics, así como libros técnicos de debuxo, especialmente de Manga, e ferramentas para a creación de cómics dixitais (pixton, comic life).


Durante este tempo se familiarizaron coa linguaxe visual (viñetas, encadres, planos, formatos, cor, ...); a linguaxe verbal (bocadillo, cartela, cartucho, ...); a creación de storyboards, etc.

O RESULTADO: os SEUS PROPIOS CÓMICS, que están expostos á entrada da Biblioteca. Non os perdas, son estupendos!!!

Ata seleccionamos algúns detalles deles para imprimir uns MARCAPÁXINAS para a Augateca, que máis adiante vos daremos a coñecer.

Para rematar, .os voluntarios fixeron unha SELECCIÓN DOS NOSOS FONDOS, cómics para todas as idades e gustos que loce xa no escaparate da Augateca: Manga, clásicos, biográficos, de aventuras, históricos, ... algunhas novidades e numerosos catálogos

PESCUDA, OPINA, SUXIRE, COLLE EN PRÉSTAMO!!!

PARTICIPA NON MES DO CÓMIC!

ENCONTROS PLAMBE 2016/2017

Os días 16 e 17 da semana anterior, participamos nos ENCONTROS do PLAN MELLORA de BIBLIOTECAS ESCOLARES, celebrados no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Acudiron 615 coordinadores das bibliotecas inscritas.



O programa, moi apertado, abordou os principais retos educativos que deben afrontar as bibliotecas dos nosos centros, especialmente os relacionados cas competencias en medios e información, fomento da lectura, desenvolvemento do pensamento crítico e a dinamización de proxectos preferentemente interdisciplinarios.



Un novo impulso para seguir adiante.

7 de marzo de 2017

NOVAS ADQUISICIÓNS

Os fondos da Augateca seguen crecendo. Pescuda entre as novidades!!! 

Danos túa opinión 👍📙📘📗  e ... corre, que quedas sen eles!!!




3 de marzo de 2017

CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Xa temos unha nova edición do concurso de FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA, e imos colaborar como todos os anos  cos de mates, pero dunha maneira máis especial si cabe , xa que este curso exercemos de TERRITORIO AS ARTES e imos celebrar un MES DE CIENCIA en maio, de cuxo programa de actividades forma parte o concurso.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

AQUÍ TEDES AS BASES 😉





FOTOS DO RECITAL "ROSALÍA"

Xa temos as fotos do recital de poemas de Rosalía que realizamos o pasado día 24 na Augateca.

Preme no link  🔻para botar unha ollada 👀

fotos do recital