29 de novembro de 2017

ENCONTRO LITERARIO


O escritor ANTÓN RIVEIRO COELLO participou hoxe nunha animada charla-coloquio, co alumnado de 1º de Bacharelato, sobre a súa obra “A ferida do vento”


















e logo visitou a nosa biblioteca, onde estampou a súa dedicatoria nos exemplares que temos na colección e nos de todos aqueles que se achegaron a departir con el.



 


A novela, ambientada en Xinzo de Limia, é unha homenaxe a Carlos Casares e acadou moi boa acollida no noso alumnado.

Anímate a lela!!!. 👀👇

28 de novembro de 2017

NOVOS USUARIOS

O alumnado de 1º ESO rematou as xornadas de formación de usuarios deste primeiro trimestre: dominan os espazos, coñecen a nosa CDU, son quen de atopar calquera libro dos nosos fondos, tanto na Augateca como no catálogo en liña do noso blog.

O próximo trimestre aprenderan a facer un proxecto de investigación empregando as ferramentas TIC e as orientacións que temos no blog na sección ALFIN.

AQUÍ TEDES UN RESUMO DO QUE FIXERON 👀👇


22 de novembro de 2017

NOVOS LIBROS NA AUGATECA


Tedes á vosa disposición as novidades coas que arrincamos a actualización dos nosos fondos este curso.

Animarvos a facer suxestións!💭💬



20 de novembro de 2017

PREMIO NACIONAL DAS LETRAS ESPAÑOLAS

O galardón recaeu este ano en ROSA MONTERO.

Autora de quince novelas, sen contar os relatos e as incursións na literatura infantil, e un sen número de reportaxes, crónicas e entrevistas, a maior parte publicados no xornal O País.

Que sabemos dela?
O premio que concede o Ministerio de Cultura, destacou "a súa longa traxectoria novelística, xornalística e ensaística, na que demostrou brillantes actitudes literarias”.

Ela matiza“Son narradora, ensayista e xornalista, por esta orde”.

O xurado recoñeceu a creación dun universo persoal, cuxa temática reflexa os seus compromisos vitais e existenciais, que foi cualificado como a ética da esperanza».

Ela considérase unha “escritora especialmente existencialista”.

Recoñece que toda a súa obra “está centrada no paso do tempo e da morte”.

Con todo,  é optimistaOs meus libros son de superviventes. Son a proba de que hai luz ao final do túnel desa ferida lacerante. Escribo para converter as feridas da vida en luz".


Se tes a febre da escritura 😉aquí tes 👉 10 consellos para narrar que che brinda Rosa Montero, autora tamén do caderno “Escribe con Rosa Montero” (Alfaguara), ilustrado por Paula Bonet.  

Nos nosos fondos contamos con unha das primeiras novelas da autora,”TE TRATARÉ COMO UNA REINA” 
amores pasionales e destrutivos, personaxes escuros, destinos tráxicos

cun estilo: claro, directo, con algúns elementos de humor e unha concisión xeral case xornalística.
Brindámosche a oportunidade de lela!.

Pode ser interesante comprobar como evolucionou a súa escritura ata as súas últimas novelas:
La ridícula idea de no volver a verte” y “La carne”.


















4 de novembro de 2017

REPORTAXE DO NOSO SAMAÍN

Pois medo, o que se dice medo, o pasamos ... 

cas lecturas escollidas polo alumnado de 4º e 3º da ESO:
  • O gato negro de E.A. Poe
  • Arximiro de Rafael Dieste
  • A caixa do morto de Ánxel Fole

pero tamén movemos os pes ...

co vídeo "Thriller" de M. Jackson

👀👇😱