21 de decembro de 2017

ÍMONOS DE NADAL CON PREMIOS...

Cada ano é máis difícil elexir entre postaís elaboradas con tal enxeño!.😅

Pero non podíamos marchar sen entregar os premios e estás foron as máis votadas... 👇



Nosos parabéns aos gañadores, 👏👏👏 

que tiveron a fortuna de acadar un libro  e unha agarimosa manta  para acompañar a súa lectura nestas vacacións.



BO NADAL

E FELIZ 2018  !!!

















14 de decembro de 2017

PREPARATIVOS E CONCURSO DE NADAL

Xa temos a Augateca decorada para o Nadal, un ambiente acolledor para disfrutar das lecturas compartidas, as novidades literarias, de cine, guías de viaxe... 

O equipo de alumnado voluntario encargouse de preparalo todo. Aquí tedes un vídeo co seu traballo👀👇

E non podía faltar nosa GUÍA de NADAL  CAS ÚLTIMAS NOVIDADES

Non te olvides de escoller as lecturas destes días de lecer. 
Para suxerir nas casas a amigos e parentes, para regalar…



e ti?, tes xa preparada a postal navideña para o concurso que cada ano organizamos cos departamentos de inglés e francés?

Alixeira!,

aínda podes participar...

 

12 de decembro de 2017

CLASES NA AUGATECA


O alumnado de 3º PMAR e de1º ESO A e 1ºESO B, guiados pola profesora de Lingua castelá Pilar Santos, empregaron os recursos ALFIN do noso blog para exercitarse nas consultas e buscas de información en dicionarios e enciclopedias, tanto en papel como en liña, que tedes a vosa disposición na Augateca

O pasaron tan ben que pensan repetir 😉